Vinos Barco

Unidos
pola terra

Benvido

En nome da bodega Vinos Barco dámosche a benvida á nosa web, onde poderás descubrir quen somos e a orixe de todos eses viños que che encantan.

Se estás buscando un viño auténtico, tradicional e con denominación de orixe, viñeches ao sitio indicado. Podemos ofrecerche o que buscas.

Vinos Barco é a Cooperativa do Barco de Valdeorras, na provincia de Ourense. Vinos Barco era coñecida antes como Jesús Nazareno e nela participaban máis de 300 socios que coidan das súas viñas para elaborar o viño e que con tanto mimo hoxe che presentamos. 

Queremos que goces co noso viño, tanto como o facemos nós cando cho facemos chegar.